Rede Calidade do Aire de Galicia

A composición da Rede de Calidade do Aire de Galicia está deseñada atendendo ás directrices establecidas na lexislación vixente. A composición refírese tanto ao número e á localización das estacións na comunidade autónoma, como aos contaminantes atmosféricos analizados en cada unha delas.

Os métodos de medida empregados para analizar os contaminantes no aire ambiente e os criterios de control de calidade seguidos para a obtención de datos son os definidos na lexislación vixente.

Contaminantes atmosféricos e clasificación

Un contaminante atmosférico é calquera substancia presente no aire ambiente (aire exterior da baixa troposfera, excluídos os lugares de traballo) que poida ter efectos nocivos sobre a saúde humana, o medio ambiente no seu conxunto e demais bens de calquera natureza.

Os contaminantes atmosféricos poden clasificarse en función do seu estado físico como gases, líquidos e sólidos. Cando se atopan en estado líquido ou sólido na atmosfera significa que están como material particulado, polo tanto a clasificación en función do seu estado físico simplifícase en gases e partículas.

Segundo a súa orixe os contaminantes atmosféricos poden ser de orixe antropoxénica (como procesos industriais, tráfico) ou de orixe natural (como volcáns, procesos biolóxicos).

Segundo o seu mecanismo de formación poden clasificarse en dous grupos:

  • Contaminantes primarios: Os que son emitidos directamente á atmosfera polos focos emisores.
  • Contaminantes secundarios: Os que se producen como consecuencia das transformacións, reaccións químicas e fotoquímicas que experimentan os contaminantes primarios na atmosfera.

Contaminantes analizados na Rede de Calidade do Aire de Galicia

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e que facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentracións de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”.


Logo Xunta 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 2.0.0
Teléfono: +34-881-999654
Galicia