RSS, GeoRSS, Podcast e JSON

MeteoGalicia publica as súas predicións en formato RSS. Desta maneira, Vd. poderá integrar na súa Web ou ver no seu cliente RSS, as predicións actualizadas feitas por MeteoGalicia. Estes enlaces permítenlle ademais, acceder á información completa na web.

  • Mediante clientes RSS: programas que lle permiten usar directamente os nosos ficheiros de datos e velos no seu ordenador persoal.
  • Mediante un agregador: páxinas web que lle permiten agrupar fontes RSS de distintos medios.
  • Integrándoos no seu sitio Web.

Cláusula de responsabilidade e uso dos datos: Nota legal

Subscrición en lista de correo

A través desta lista de correo, informamos dos cambios e actualizacións dos nosos servizos. Subscríbete.

Servizos dispoñibles
Predición Servizos web:RSS, GeoRSS, Podcast e JSON documentación
Predición xeral Galicia
Predición por concellos Curto prazo
Horaria. Exemplos:
Medio prazo
Predición marítima Zonas marítimas 
Predición de mareas
Fases da lúa
Predición para Praias Exemplos
Orto e ocaso
Predición de Avisos
Calidade do aire

Observación Servizos web:RSS, GeoRSS, Podcast e JSON documentación
Raios detectados
Calidade do aire
Estacións meteorolóxicas
Estacións océano-meteorolóxicas
Concellos
Aforos ríos
Cámaras

Avisos e actualizacións

05/06/2020: Radiación Ultravioleta en JSON de concellos
O servizo JSON coa predición a curto prazo de concellos inclúe agora un atributo un uvMax que representa o índice de radiación ultravioleta máximo diario.

23/03/2020: Novos servizos JSON de predición
Conteñen a nova predición a medio prazo, así como a predición da evolución horaria da temperatura, vento e estado do ceo.

02/07/2019: Novos servizos JSON de predición
Conteñen información da predición xeral, concellos, marítima e praias.


¿Que é RSS?rss

RSS é una familia de formatos para distribuir e compartir información web. Está desenvolto especificamente para ese tipo de sitios que se actualizan con frecuencia e mediante o cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas.

Para utilizar as fontes RSS existen múltiples opcións. A máis común consiste en instalar un programa chamado agregador ou lector.

¿Que é GeoRSS?georss

GeoRSS pertence á familia de estándares RSS e utilízase para representar información xeorreferenciada anotando xeográficamente as entradas do RSS para que dita información poida ser localizada no mapa.

¿Que é un Podcast?

Un podcast é un arquivo de audio dixital, normalmente no popular formato mp3, que se coloca en internet para que outras persoas teñan a posibilidade de baixar ese arquivo e escoitar o seu contido; ou ben, é un "programa de radio sen radio", algúns chámanlle "radio da nova era", "radio da era dixital".


Xunta de Galicia  
Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.5
Teléfono: +34-881-999654
Turismo de Galicia