Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Magnitudes II

A precipitación

Calquera hidrometeoro formado por partículas acuosas (sólidas ou líquidas) que cae ao chan procedente dunha nube. Mídese en función da cantidade de hidrometeoros caídos nunha área nun momento determinado. Os pluviómetros están calibrados para dar os datos en l/m2 (litros caídos por metro cadrado) ou en mm (mm de fondura acadada nun recipiente dun m2 de área), unidades equivalentes entre si. A precipitación é responsable do depósito de auga fresca no planeta. Reciben diferentes nomes en función da presentación.

Climograma

Representa as precipitacións e as temperaturas dun lugar nun determinado período de tempo.
Climograma

Humidade

A cantidade de vapor de auga presente no aire. Pódese expresar de forma absoluta ou de forma relativa mediante a humidade relativa ou grao de humidade.

Punto de rosada

A menor temperatura á que comeza a condensar o vapor de auga contido no aire por arrefriamento, producindo rosada, néboa ou, se a
Xeada

sabías que...

A chuvia pode cambiar o devir da historia. Na segunda metade do século XII Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, estaba en guerra con Fernando II (rei de León). Unha forte treboada expulsouno da Limia (Ourense) impedindo a conquista de terras galegas. Daquela atribuíuse o meteoro a un milagre de San Rosendo.

Precipitacións verticais
(que caen)

Chuvia

A forma m&accute;is común. Dependendo da intensidade pode ser orballo, chuvia e chuvasco.
 

Neve

Formada por cristais hexagonais de xeo agrupados en folerpas.
 

Saraiba

Esferas de xeo duro con diámetro variable e estrutura en capas concéntricas. Cae en intensas sarabiadas.

Precipitacións horizontalis ou ocultas
(que non caen):

Rosada

Fórmase por pingas de auga ao depositárense do chan e das prantas. Débese á condensación do vapor de agua da atmosfera, creándose nas
 

Xeada

ou xeada branca supón o depósito de cristais de xeo sobre superficies expostas ao aire ao condensar o vapor da atmósfera, se a temperatura é menor a 0 °C. Como se a néboa se conxelara
 

Xeada negra

prodúcese cando a temperatura é baixo 0 °C, pero a masa de aire é seca e non se forma capa de xeo. Chámase así pola coloración dos vexetais afectados.
Vai chover

Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12