Política de Calidade

No noso afán de servizo público sen ánimo de lucro, METEOGALICIA, como Servizo Meteorolóxico de Galicia dependente da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, proporciona as organizacións, medios de comunicación, e en xeral aos cidadáns, a información relacionada coa observación e predición meteorolóxica, colaborando ademais, cos organismos oficiais e outras entidades no estudo do clima do país.

A visión de METEOGALICIA non é outra que constituír un referente en Galicia no eido da meteoroloxía, mediante a consolidación da nosas Redes de Observación e Sistemas de Predición, así como levando a cabo Actividades de Formación Meteorolóxica, ofrecendo aos nosos usuarios un servizo competente e de confianza. A transparencia no servizo prestado e a confianza dos usuarios, son dous dos principios básicos da nosa política de xestión.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda consciente da importancia de alcanzar os propósitos mencionados, ten implantado en METEOGALICIA un sistema de xestión da calidade baseado nos requisitos da norma internacional UNE EN ISO 9001:2015.

Ver texto completo.


MeteoGalicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xunta de Galicia

AENOR IQNet




Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.11