Avisos e actualizacións
  • 20/01/2022: Nova páxina de Proxeccións Climáticas
    Nova páxina de Proxeccións Climáticas. Accesible desde o menú da sección "Modelos Numéricos".
    Ir á páxina

  • 02/06/2020: Radiación Ultravioleta en concellos
    Desde o 1 de xuño a predición por concellos incorpora o dato de radiación ultravioleta para a predición a curto prazo.
    Predición por concellos
    Nota de prensa

  • 23/03/2020: Nova predición a medio prazo e evolución horaria
    Publícase unha nova predición a medio prazo e predición a curto prazo coa evolución horaria de temperatura, vento e estado do ceo

  • 28/10/2019: Consulta de datos históricos de estacións
    Publícase unha nova web para consultar os datos históricos das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia. Esta interfaz renovada permite escoller a estación máis cercana para un concello seleccionado previamente e consultar os datos da estación. Ademáis permite descargar os datos en varios formatos: descargar os datos en varios formatos: CSV, JSON e PDF.
    Ir á web

  • 02/07/2018: Gráficos con datos mensuais das estacións meteorolóxicas
    Ya es posible consultar los datos mensuales de las estaciones de nuestra red meteorológica en gráficos.

  • 27/06/2018: Publicación da marea astronómica para o ano 2019
    MeteoGalicia publica hoxe, no apartado de predición de mareas e lúas, os datos de marea astronómica para todo o ano 2019
    Mareas e lúas

  • 03/11/2017: Nova web para a rede de estacións meteorolóxicas
    MeteoGalicia renova a súa web da rede meteorolóxica de estacións. Os apartados de estado actual, últimos datos, resumos, gráficos e información dos sensores preséntase agora nun novo formato máis visual e moderno, gañando tamén en accesibilidade e claridade.
    Nova web de estacións

  • 11/09/2017: Novo servizo Panel de cámaras de MeteoGalicia
    Novo servizo que permitirá aos usuarios que o desexen seleccionar o contido dunha ou varias cámaras e, a través dun único enderezo web, acceder á información que se mostrará ciclicamente e durante un breve período de tempo. As imaxes son proporcionadas polas 19 cámaras que o servizo de observación e predición meteorolóxica da Xunta ten distribuídas pola xeografía galega.
    Ver documento acrobat
    Máis información

  • 03/04/2017: Novos produtos de radar e satélite
    MeteoGalicia informará, no apartado de satélite, dos diferentes tipos de nubes e a presenza de brétemas our néboas. No apartado de radar, unha animación amosará os puntos de Galicia nos que se rexistrarán precipitacións nos seguintes sesenta minutos. .
    Máis información

  • 03/04/2017: Ampliación da rede de estacións
    MeteoGalicia amplía a súa rede de estacións meteorolóxicas cunha nova no concello de Lalín. Ademais, renóvase a estación de calidade do aire no CIFP de A Granxa, en Ponteareas.
    Máis información

  • 28/12/2016: Novo apartado web con datos de valores extremos e outras novidades
    Ademais deste novo apartado, amplíase o contido do índice do apartado de observación e melloras no apartado de cámaras web.
    Páxina de valores observados
    Páxina de cámaras web
    Índice do apartado de observación

  • 16/11/2016: Nova versión da APP de MeteoGalicia para iOS
    Xa está dispoñible a nova versión 2.0.0 da App de MeteoGalicia para iOS

  • 27/10/2016: Novidades nas animacións e vídeos de satélite
    A vindeira semana substituiranse e ampliaranse os vídeos en formato .gif e .mov de satélite por animacións en formato .mp4
    Ver documento acrobat

  • 30/09/2016: Novo apartado de cámaras web
    MeteoGalicia desprega unha nova rede de cámaras que poderán ser consultadas desde a páxina web
    Máis información

  • 25/05/2016: Nova implementación do modelo SWAN na páxina de modelos
    Desde hoxe, na páxina de modelos, está dispoñible unha nova implementación do modelo SWAN (Simulating Waves Near Shore) para toda a costa de Galicia. Este novo desenvolvemento substituirá no futuro ás dúas mallas de Rías Baixas e Artabro actuais. Como novidade máis destacada, esta nova implementación do modelo execútase sobre unha malla non estruturada que posibilita acadar resolucións de ata 75 metros preto da costa. Nos próximos días convivirán as tres mallas para, no futuro, seren substituídas por unha única malla, a de Galicia.
    Páxina de modelos

  • 03/02/2016: Solucionados os problemas de visualización en mapas
    Xa é posible consultar sen incidencias os apartados da web de MeteoGalicia que inclúen mapas de Google.

  • 03/02/2016: Novo servizo "widget" de MeteoGalicia
    Permite obter un produto personalizado para inserir noutros portais web coa nosa información de predición e/ou observación.
    Consultar o widget

  • 26/11/2015: Problemas na visualización de mapas na web
    Desde fai uns días a web de MeteoGalicia ten problemas ca visualización dos mapas de Google nas páxinas de "Raios" "Predición de portos e confrarías" e "Camiños". Esperamos resolver este problema nos próximos días pero entre tanto, pode ver o mapa pulsando no símbolo "+" que aparece no cadro donde debería de ver o mapa. A continuación, aparecerán 4 opcións, seleccione a opción "Google Híbrida" e xa debería ver o mapa.
    Ver documento acrobat

  • 16/09/2015: Novos atlas de vento e ondas
    No marco do proxecto europeo EnergyMare.
    Atlas de ondas
    Atlas de vento

  • 03/06/2015: Nova web coa predición para portos e confrarías
    Entre as principais novidades destacan: Posibilidade de consultar a información en liña, ampliación da información e servizo de subscrición para recibir a predición dun ou varios portos diariamente vía correo electrónico.
    Máis información

  • 25/05/2015: Nova web coa predición por concellos
    Entre as principais novidades destacan: un comentario xerado automaticamente, unha gráfica coa evolución das temperaturas e información sobre a calidade do aire
    Máis información

  • 04/12/2014: Novos produtos de radar
    Os novos produtos son: clasificación de meteoros, horas de neve e sarabia.
    Máis información

  • 09/06/2014: MeteoSIX - Nova versión da API
    Publicación da versión 3 da aplicación API do MeteoSIX. Esta versión non é compatible con versións anteriores. A versión 2 da API manterase activa até o 30 de Setembro do 2014.
    Máis información acrobat

  • 06/02/2014: Nova web "MeteoVisor"
    Nace para substituír ao Xeollador e permite visualizar os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas.
    Máis información acrobat
    Consultar o MeteoVisor

  • 20/01/2014: Nova páxina de adversos
    Nova páxina para visualizar os adversos que a partir de agora pasan a denominarse "Avisos".

  • 04/11/2013: Modificacións na web de adversos
    O fenómeno "Mar de fondo" pasa a chamarse "Ondas" e "Mar de vento" a "Vento no mar". Así mesmo, modifícanse os umbrais do "Mar de fondo".
    Máis información

  • 04/11/2013: A aplicación móbil MeteoRoute dispoñible para Android
    MeteoRoute está desde hoxe dispoñible, ademáis de para iOS (iPhone), para o sistema operativo Android.
    Máis información

  • 14/10/2013: Nova predición marítima
    Nueva predicción marítima.
    Consulta a nova predición marítima

  • 08/08/2013: Nova predición de praias
    MeteoGalicia publica unha nova predición para praias, con máis de 600 praias, días de predición, franxas horarias e variables dispoñibles
    Consulta a nova predición de praias

  • 08/08/2013: Nova aplicación móbil MeteoRoute
    MeteoGalicia, no marco do proxecto RAIA.co e conxuntamente co Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, publica a aplicación móbil MeteoRoute, que permite obter información meteorolóxica e oceanográfica personalizada para rutas e traxectorias, tanto por terra como por mar.
    Máis información

  • 10/04/2013: Modelos numéricos: Nova predición por conxuntos
    A predición por conxuntos foi migrada a unha nova máquina no CESGA o que fará que esté dispoñible unha hora e media antes (sobre as 8:30 a.m.). Así mesmo, engádense unhas novas gráficas por localidades (meteogramas).
    Máis información

  • 22/01/2013: Principais dúbidas sobre a nova web
    Dúbidas que nos fixeron chegar algúns usuarios sobre a nova predición na web.
    Máis información acrobat

  • 18/01/2013: Nova predición terrestre
    MeteoGalicia publica unha nova predición terrestre para Galicia, amosando mapas para a mañá, tarde e noite, e incorporando os comentarios nos dous idiomas
    Consulta a nova predición terrestre

  • 18/01/2013: Nova predición por concellos
    MeteoGalicia amplía a súa predición por localidades aos 315 concellos de Galicia, incorporando variables como a probabilidade de choiva
    Consulta a nova predición por concellos

  • 07/11/2012: Problema na visualización de mapas
    Algúns usuarios teñen problemas na visualización dos mapas de predición xeral de Galicia.
    Máis información acrobat


Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12